Descenso no número de casos activos de Covid19 e tamén de contaxios, logo dun fin de semana con cifras moi altas

A Covid 19 non está controlada. O seu avance na provincia de Lugo é un bailar de cifras no que non se sabe nunca que esperar. Así, despois dunha fin de semana con números moi altos, debido en gran parte ao brote detectado na residencia para a terceira idade en Vilalba, que facía que o venres os novos contaxios sumaran 167 positivos, e sábado e domingo as cifras volvesen á normalidade con 55 e 56 positivos detectados. Os datos publicados hoxe polo SERGAS e recabados ata as 6 da tarde de onte, revelan 38 novos casos detectados -debido, probablemente, á menor cantidade de PCR realizadas durante a fin de semana. Con todo, tamén baixan as cifras totais e a presión hospitalaria. Así, neste momento hai un total de 1097 persoas con infeccións activas, 41 das cales se atopan en centros hospitalarios e, a UCI do HULA que si acusa unha gran presión, sube ata os 7 ingresos. 

En total, e logo da fin de semana, na provincia de Lugo se detectaron xa dende o inicio da pandemia 117 falecementos e máis de 4.700 persoas curadas.

Con  todo, esta situación preocupa aos expertos sanitarios que aseguran que a situación non está controlada. A penas quedan concellos sen casos na provincia, e as medidas implantadas, entre outras zonas, na capital, non parecen ser efectivas. A transmisión mantense no tempo e a única realidade, segun explican dende a area sanitaria, é que na Capital continúan a aparecer casos a unha media dunha trintena diaria, unha circunstancia que preocupa a Sanidade pois evidencian que a transmisión continúa. E, non só iso, senón que eses contaxios se traducen tamén, días despois en máis ingresos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com