" />

Descenso notable no número de casos activos de covid na provincia de Lugo, tras unha baixada nas novas infeccións

Lugo volve a ter boas novas en relación ao avance do coronavirus pola provincia. Así, tras unha importante baixada de 25 persoas no número de casos activos, que se sitúa hoxe nos 1.060 grazas ao elevado número de altas médicas recibidas e á tamén baixada das novas infeccións detectadas ata as 6 da tarde de onte, que foron tan só 31 persoas.  

Pero é que as boas novas, hoxe non terminan aí, pois a presión hospitalaria mantense en cifras semellantes as de días anteriores pero cunha leve baixada. Son tan só 30 as persoas que permanecen ingresadas en planta nos diferentes centros hospitalarios da provincia, e na UCI do HULA descende esta cifra ata os 6 infectados por COVID 19. 

Con todo, na xornada de onte houbo que lamentar un falecemento, a vida número 120 que se cobra este virus. Trátase dun home de 102 anos que finaba onte no Hospital de Monforte. 

Ademais, e malia que non sucedeu na provincia de Lugo, tamén hai que despedir a un home de 79 anos que morría do CEGADI, en Santiago de Compostela despois de ser trasladado alí dende a Residencia de San Salvador de Guntín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo