O espectáculo de acrobacia e humor ‘Piensa en Wilbur’ trasládase ao auditorio Fuxan os Ventos

A función, incluída no programa Tarde e Tardiña, celebrarase este xoves ás 18.00 horas con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo

O auditorio Fuxan os Ventos de Lugo acollerá este xoves, 27 de agosto, o espectáculo Piensa en Wilbur, protagonizado polo acróbata e humorista televisivo Wilbur. A función comezará ás 18.00 horas e está dirixida a públicos de todas as idades.

A actuación estaba prevista inicialmente ao aire libre, pero o Concello decidiu trasladala ao interior debido ás previsións meteorolóxicas. O cambio de localización non afecta nin á data nin ao horario da actividade, que manterá o seu carácter gratuíto.

Piensa en Wilbur combina acrobacias, circo, humor físico e interacción co público. As habilidades do artista e a súa particular maneira de mesturar virtuosismo e comedia conforman unha proposta coa que busca implicar na diversión tanto a cativada como as persoas adultas.

Wilbur é coñecido polas súas aparicións en televisión e pola participación en diferentes producións e espectáculos. Ao longo da súa traxectoria desenvolveu un estilo propio no que converte as súas capacidades físicas nun recurso cómico.

A función forma parte de Tarde e Tardiña, o programa municipal que achega actividades culturais abertas e gratuítas a diferentes espazos da cidade durante o verán.

A entrada para asistir ao espectáculo será libre e gratuíta ata completar a capacidade do auditorio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com