" />

Detectados tres positivos por Covid-19 no asilo de Ribadeo

Tres usuarios do asilo de Ribadeo dan positivo por Covid-19 nas últimas horas. Os contaxios foron detectados logo de efectuarse o cribado periódico que realiza o Sergas nas residencias de maiores. Estas tres persoas atópanse con sintomatoloxía leve e foron trasladadas a unha residencia médica que a Consellería de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela. Polo momento quedan suspendidas as visitas aos usuarios e usuarias do Hospital Asilo de Ribadeo.

En canto aos datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade nas últimas 24 horas hai que lamentar que o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo subiu, concretamente hai 14 novos casos activos, situando á provincia con 370 positivos.

En Galicia é de 5.655, deles 878 son da área da Coruña,  522 da de Ourense, 904 da de Pontevedra, 1.265 da área de Vigo, 1.321 da de Santiago, e 395 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 286 en unidades de hospitalización e 5.318 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 53.391 persoas curadas, rexistrándose 1.354 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.072.702.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo