Detido en Lugo un home de 30 anos por agredir á súa mai

A Policía Local vén de deter a un home de 30 anos de idade veciño da cidade de Lugo acusado dun presunto delito de agresión e ameazas contra a súa mai coa que convive. Os feitos tiveron lugar o pasado venres en torno ás 6 da tarde, cando a Policía Local reciiae a chamada dunha muller, en estado de nerviosismo manifestando que está a ser agerdida polo seu fillo. 

Acto seguido, dúas dotacións policiais e unha de atestados acoden ao lugar, onde, antes de entrar no piso poden escoitar á muller chorando e a un home gritando moi alto. Segundo o informe policial un dos axentes entrevístase a soas coa muller, que seguía en estado de nerviosismo, indicandolle esta que vive soa co seu fillo que, chega bébedo á casa e ponse agresivo con ela. En palabras da muller, o fillo insúltaa e ameázaa diariamente. No momento da chamada, segundo a muller, o detido non a agredira, pero si que se puxera moi agresivo. A muller, de 50 anos de idade, rexeitou asistencia médica e indicou aos axentes que máis tarde presentaría a correspondente denuncia.

Detención a gorrilla

Doutra banda, a Policía Local detivo tamén o sábado a un gorrilla de 43 anos de idade, por ameazar e coaccionar a un condutor que aparcou o seu vehículo nas inmediacións do Hula. Ademáis, ante a desobediencia aos axentes aos que tamén ameazou de morte e agrediu físicamente, o detido é trasladado a dependencias policiais.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Mar 16, 2021 - 12:11 AM

    Xa que vos espresades en galego, é mai ou nai?

    Reply
    • Cris Álvarez
      Mar 16, 2021 - 08:10 AM

      Luis Díaz eu penso que a forma correcta sería “nai” pero haberá que preguntarlle a G24noticias e a #DigochoEu !!! Vexamos que opinan…😅😅

      Reply
      • Xornal de Lugo
        Mar 16, 2021 - 02:19 PM

        Ola! Pois non sabemos que dirán na canle pública; o que si podemos dicir nós é que a Real Academia Galega recolle e acepta ambas expresións como correctas e sinónimas. Moitas grazas polos vosos comentarios.

        Reply
    • Xornal de Lugo
      Mar 16, 2021 - 02:21 PM

      Ola! Pois non sabemos que dirán na canle pública; o que si podemos dicir nós é que a Real Academia Galega recolle e acepta ambas expresións como correctas e sinónimas. Moitas grazas polos vosos comentarios.

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com