Detido un home acusado de matar ao seu pai en Monterroso

Un home de 51 anos foi detido esta madrugada acusado de asasinar a golpes ao seu pai, ao que coidaba. O home permanece arrestado na comandancia da Garda Civil de Lugo e mañá será posto a disposición do xuzgdo de Chantada.

Os feitos tiveron lugar a pasada noite ao redor das 22.00 horas na parroquia de Esporiz, no municipio de Monterroso. A vítima, de 79 anos, presenta golpes e, segundo fontes da investigación, faleceu a causa de puñetazos e patadas proferidas polo seu fillo. O xulgado vén de decretar o segredo sumarial en relación a estas acusacións.

A agresión puido producirse, segundo apuntas as mesmas fontes, tras unha discusión entre ambos no domicilio que compartín e no que tamén se atopaba o fillo de catro anos do agresor, que non se chegou a enterar do crime. Foi o propio agresor o que contactou cos servizos de emerxencias contando o sucedido.

Os investigadores investigan agora se o detido ten problemas de alcolismo ou trastorno da personalidade. Segundo explican as fontes da investigación os axentes están a traballar sobre se o presunto parricida puido chegar bébedo á casa na noite de onte.

O detido, que traballara como garda de seguridade, atopábase agora no paro. O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, concretou que se trata dunha familia onde “vivía o avó, o pai e o neto que estaba alí pero non presenciou o suceso”. En canto aos motivos, tanto o subdelegado como o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, comentaron que a causa atópase “baixo segredo de sumario” polo que haberá que esperar a que lle tome declaración a Garda Civil.

Fai pouco tempo, a familia sufrira a perda da mai do acusado e muller do septuaxenario o que puido agravar os problremas do detido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com