Detido o presunto autor dun incendio nunha nave industrial de Sarria

A Garda Civil no marco da operación ‘Imalda’ investiga as causas dun lume producido o pasado 23 de xullo nunha das naves do Polígono Industrial de San Julián de la Vega, en Sarria.

Tras tomar declaración a empregados e recabar diferentes probas, os axentes da Garda Civil de Sarria determinaron a participación nos feitos do coñecido empresario sarriao, A.D.V. de 80 anos de idade, e que foi detido onte para a súa posta a disposición xudicial.

A investigación continúa aberta e non descartan novas detencións. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Sarria.

A empresa propietaria do complexo de naves tenas alugadas a outras dúas empresas, unha delas adicada á fabricación de chapa de madeira e propiedade dun familiar do detido e, outra empresa, afectada polas lapas, adicada ao rechapado e lacado de tableiros e portas.

A través da investigación levada a cabo a Garda Civil constatou que, semanas antes do incendio, axentes do mesmo corpo realizaran inspecciuóns nas instalacións da empresa incendiada ante a sospeita de que almacenaran produtos inflamables para levar a cabo a actividade laboral.

As primeiras averiguacións realizadas tralo lume polos axentes da Benemérita, puxeron de manifesto que o incendio puidera ser provocado a pesares de que non había accesos forzados, pero tendo en conta que os presuntos autores desconectaran días antes as cámaras de seguridade.

Entre as probas que refutaban esta posibilidade era a colocación de produtos inflamables esparcidos  polo chan formando unha especie de cordóns para facilitar a propagación do lume. Así como unha carretilla elevadora que portaba un depósito de 1000 litros de disolvente encaixada nunha das máquinas que se viu afectada polo lume.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com