" />

Detido por ameazar cun machete á súa parella

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron esta fin de semana a un varón de 65 anos de idade por un delito de violencia de xénero tras insultar e ameazar cun machete á súa parella. 

Segundo informa a Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado sábado en torno á 1 da tarde na cidade das murallas onde a Unidade Territorial da Policía de Barrio enviou unha patrulla porque un home presuntamente insultaba e ameazaba cun machete á súa parella. 

Os axentes accederon ao interior da vivenda onde a muller se atopaba nun estado de importante nerviosismo e chorando. A presunta vítima manifestou aos axentes que fora insultada gravemente pola súa parella actual e que este lle colocara un machete no pescozo ameazándoa. Segundo manifestou a muller, esta non era a primeira vez que a insultaba e ameazaba. 

Os axentes atoparon ao home no salón que saía á carreira hacia a cociña dicindo que se ía quitar a vida cun coitelo. Fontes policiais aseguran que un dos axentes abalanzouse sobre el para evitar que se autolesionase. Posteriormente o home foi detido e trasladado a dependencias policiais onde se lle instruiron as dilixencias por un delito de violencia de xénero para a súa remisión ao xulgado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo