Detido por ofrecer 100 euros a menores a cambio de favores sexuais

Axentes da Policía Nacional da Provincia de Lugo detiveron a un home, veciño da capital, por un delito de inducción á prostitución de menores. Segundo informaron dende a Brigada da Policía Xudicial da Comisaría Luguesa, os feitos tiveron lugar o pasado día 3 de febreiro na zona da Fonte dos Ranchos cando o acusado achegouse a un menor ao que lle ofreceu carots a cambio de certos servizos sexuais.

A vítima rexeitou ao acusado e marchou do lugar “de inmediato”, segundo explica a Policía que, máis tarde comprobou que “de maneira reiterada” esta persoa seguía pola zona onde se produciron os feitos. Por este motivo, o menor denunciou ante os seus proxenitores os feitos e amosoulles ao denunciado ante estes.

Tras interpoñer a denuncia ante a Policía Nacional, os axentes realizaron as xestións necesarias para levar a cabo a detención do varón, do que xa constaban antecedentes polos mesmos feitos.

A Policía constatou que o individuo ofrecía ata 100 euros a cambio de favores sexuais. O detido xa foi posto a disposición da autoridade xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com