" />

Detidos dous mozos por entrar nunha vivenda baleira coa intención de ocupala

A Policía Local de Lugo detivo na tarde de onte a dous mozos que pretendían ocupar unha vivenda da rúa San Lorenzo, no barrio Feijóo. A sala do 092 foi alertada polos veciños da rúa que viran como dous mozos entraban nunha das vivendas baleiras do barrio a través das xanelas do primeiro piso, á altura da beirarrúa.

Os axentes trasladaronse de inmediato ao lugar e accederon ao interior do inmoble onde localizaron a dous mozos, de 20 e 26 anos que estaban inspeccionando a casa e manifestaban que a súa intención era ocupala xa que estaba baleira. Os axentes trasladan aos dous mozos ás dependencias policiais onde se lles intrúen dilixencias por un presunto delito de usurpación, localizando os axentes aos empregados dunha inmobiliaria que se fai cargo deste inmoble para poñer os feitos no seu coñecemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo