" />

Día das Letras Galegas dedicado a Carvalho Calero

Hoxe, como cada 17 de maio dende 1963, celébrase o Día das Letras Galegas, dedicándolle este día a un persoeiro da nosa literatura. Como mínimo, teñen que ter pasado dez anos dende a súa morte para que poder entrar nesa lista de posible candidato ou candidata. E este ano, pasados xa trinta e varios intentos dende o seu pasamento, o honrado é don Ricardo Carvalho Calero, home moi vinculado a Lugo por ter impartido clase no Colexio  Fingoi.

Represaliado polo franquismo por “republicano e separatista”, foi condenado a 12 anos de cárcere. Logo de saír en liberdade, non puido traballar no seu posto de funcionario por estar inhabilitado para exercer a función pública, pero  grazas ao insigne sarriao Antonio Fernández López, que lle ofreceulle unha praza no colexio que  fundara en Lugo, puido traballar neste centro de ensino vangardista.

Foi membro da Real Academia Galega e o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, pero sobre todo, a súa máis grande achega ao noso idioma, ao noso entender,  foi albiscar as posibilidades que tería o noso idioma de chegar a confluír co sistema lusófono; o que se deu en coñecer neste país como reintegracionismo.

Como diciamos, logo de trinta anos e varios intentos, por fin!, na data de hoxe ía ser homenaxeado, pero todo se adía ata outubro por mor do andazo.

Oxalá esta merecida homenaxe sexa unha realidade no vindeiro outono.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo