Dispoñibles as entradas gratuítas para o único concerto de España de Jack Broadbent

O guitarrista Jack Broadbent chega a Lugo este domingo para ofrecer, no Vello Cárcere, o único concerto en España deste artista que actúa por primeira vez na nosa comunidade. Dende o sábado pasado xa están dispoñibles nas propias instalacións municipais, no horario habitual do centro: de luns a domingo de 11:00 a 14:00 horas en xornada de mañá, martes, mércores e domingo de 17:00 a 20:30 en xornada de tarde; e xoves, vernes e sábado, de 17:00 a 22:30 horas en quenda de tarde. As entradas son completamente gratuitas pero necesarias debido ás limitacións no aforo do centro cultural.

A actuación enmárcase dentro do ciclo Galicia Importa da Axencia Galega de Industriais Culturais (AGADIC), que tamén chega por primeira vez á cidade coa colaboración do Concello. O concerto arrincará ás 19:00 horas. A propia
promotora do evento, Sweet Nocturna, puxo 100 entradas a disposición do público a través da plataforma electrónica ataquilla.com, que xa están esgotadas. Das que dispón o Concello, ao redor dunhas 140, aínda quedan entradas dispoñibles.

Jack Broadbent chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacándolle sons á súa guitarra usando unha petaca de whisky vacía. Con gran capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude auténtica converteuse en bluesman. En pouco tempo pasou de tocar na rúa a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón ou Australia. Broadbent, ao que lle é suficiente coa súa voz e a súa guitarra, á que lle chama Marilyn, conta con 4 discos ás súas espaldas e con concertos con entradas agotadas por medio mundo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com