" />

Dispositivo especial de seguridade debido á alerta amarela por neve e xeo

O Concello de Lugo activou este venres un dispositivo urbano especial de seguridade debido á alerta amarela por neve e xeo, co obxectivo de garantir a seguridade dos vehículos e peóns nos vindeiros días. Así o informou o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, quen recomendou extremar as precaucións ao volante, así como os desprazamentos a pé, ante a adversa situación meteorolóxica.

Actualmente, o Concello mantén os seguintes medios despregados, no marco deste dispositivo urbano: Un furgón con dous peóns equipado con sal. Dous camións brigada con sal; Seis varredoras, unha delas no HULA e cinco no dispositivo de entrada dos colexios; Despois da entrada dos colexios, repártense polos diferentes sectores de varrido, con especial atención a zonas de maior tránsito peonil; Peóns de varrido equipados con pa e sal; Carros esparcidores de sal.

Así mesmo, o concelleiro explicou que “no caso de que fose necesario, dispoñeriamos de coitela quitaneves para uso en zona urbana”. Deste xeito, os servizos municipais permanecerán en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir. Ademais, o Concello tamén dispón dunha cantidade suficiente de sal para, no caso de ser preciso, esparexer onde sexa necesario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo