" />
Lugo monumental

Distintos sectores da sociedade lucense colaboran na demanda contra a subida das taxas aprobada polo Concello

Nun comunicado emitido por Lugo Monumental,  os seus responsables subliñan que “desde que no ano 2012 recuperamos Lugo Monumental non viramos nada igual ao que pasou este venres e isto supera con moito calquera escrito que como asociación podámosvos enviar. É moi difícil transmitir o que pasou. Dicíannos que non se ía a deixar atrás a ninguén nesta crise, pero vemos que sectores enteiros como pubs, axencias de viaxes, guías de turismo e moitas outras profesións que levan meses sen poder traballar están a arruinarse sen que ninguén lles bote unha man. Por se iso fose pouco, á crise únese a disparatada iniciativa municipal de aumentar as taxas de terraza subíndoas entre un 187% e un 600%, algo que aínda que non se aplicará progresivamente ata o 2022, é unha laxa sobre un sector zurrado polas medidas contra o COVID”. Os responsables da asociación, inciden en que  é unha medida inexplicable, inoportuna e á que non estaban obrigados por moito que alegasen unha sentenza que nin sequera mencionaba ese asunto. Á chamada aos hostaleiros para financiar a demanda contra ese abuso, responderon decenas de locais comerciais que non teñen interese directo neste asunto, pero que queren colaborar cos seus compañeiros. Hostaleiros xubilados, outros que non teñen terraza e que por tanto non ven afectados pola subida e comerciantes de todo tipo de sectores alleos á hostalería de todo o municipio reaccionaron á chamada da Asociación facendo achegas que desde a directiva de Lugo Monumental limitamos a un máximo de 25 euros por local porque non queriamos abusar da súa xenerosidade. Isto permitiunos recadar en menos de 24 horas bastante máis da metade do diñeiro necesario para a demanda, que coas achegas dos locais interesados garante que a acción legal siga adiante”.  “Non pedimos a súa axuda, foi algo espontáneo e natural que nos chegou todo o máis fondo a todos e sobre todo aos zurrados hostaleiros que verán así aliviada a carga financeira da demanda. Os que exercen responsabilidades públicas utilizando un diñeiro que non é deles, senón de todos nós, debería tomar nota da solidariedade, o compromiso e o compañeirismo dos particulares que usan os seus propios recursos para axudar a quen ven atropelados por unha maquinaria administrativa inxusta e abusiva, que só se quere alimentar de disparatados aumentos de taxas baseados en falsidades para financiar accións innecesarias e que non atenden a razóns. Hoxe recibiron unha lección. Todos a recibimos, de feito. A lección da solidariedade entre compañeiros.” Rematan.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Malas mañas
    Feb 21, 2021 - 10:45 AM

    Es una muy buena iniciativa que sólo se consigue cuando la ciudadanía se une en defensa de sus derechos.Super agradecidos estamos.
    Me dicen que lo próximo es la creación de una empresa pública del agua al estilo de Emalcsa en Coruña, una administración paralela y fuera del control político.
    Sólo el director Jaime Cadtiñeira y su número dos cobraban + de 200.000€, más de lo que cobra Feijoo o Sánchez.
    Los partidos de la oposición en Lugo no defienden a la ciudadanía, tenemos que ser nosotros en compañía de alguien como Lugo Monumental quien de los pasos y el resto le seguimos.
    Todo esto con tal de no aumentar la plantilla de personal de la brigada de aguas. Prefieren dilapidar el dinero en cargos públicos y quitar la labor de control a la oposición y a la ciudadanía.

    Reply
  2. Avatar
    Lugo Monumental
    Feb 20, 2021 - 01:20 PM

    Grazas pola difusión desta magnífica resposta dos conpañeiros de todos os sectores e zonas da cidade.… https://t.co/QFSIkymph8

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo