Dj Frisco e Marcos Peón actúan este sábado nas festas de San Ramón de Vilalba

Dj Frisco e Marcos Peón estarán pinchando este sábado nas festas de San Ramón de Vilalba. Os deejays galegos farán un percorrido polos grandes éxitos dos anos 90 e 2000 que máis soaron nas pistas de baile da época, máis concretamente na desaparecida Macrodiscotreca Troco, onde Frisco foi dj residente durante dous anos e Marcos durante 17 anos.

Despois de levar os seus enérxicos sets por  toda a xeografía española e por países como México, Colombia, Suíza, Francia, Portugal, Marrocos, Austria, Alemaña ou Tailandia entre outros,  esta actuación é moi especial para eles , xa que é a primeira vez que actúan nas festas patronais da vila chairega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo