Dorribo acepta cinco anos e medio de prisión pola ‘Campeón’

A fiscalía do Campeón pediu para o empresario lucense e principal procesado da Operación Campeón, Jorge Dorribo, cinco anos e medio de cárcere e sancións económicas por valor de máis de 6 millóns de euros. Así o solicitou esta mañá o Fiscal Xefe de Lugo, Roberto Brezmes, na vista preliminar do xuízo que, finalmente, está datado para o vindeiro 24 de outubro, despois de que só un dos acusados non aceptase o pacto do fiscal: o vicepresidente de Proitec, Javier Rodríguez, quen se declarou inocente alegando a nulidade das actuacións “irregulares” polas que se lle atribuían cargos de blanqueo de capitais e tráfico de influencias. Asemade, a fiscalía retirou a acusación contra Cristina Quintelas, exdirectora de Financiamento do Igape.

En total, a Dorribo se lle imputan varios delitos contra a Facenda Pública, tráfico de influencias, suborno, falsidade de documento mercantil, insolvencia punible, blanqueo de capitais, negociación prohibida con funcionarios, e delito contable. Todos eles suman no acusado unha pena de 5 anos e medio de cárcere e o pago de máis de 6 millóns de euros. Xunto a Dorribo, o seu socio nos Laboratorios Nupel de Lugo, Arsenio Méndez, é o que máis penas acumula e maiores sancións ao aceptar dos anos de cárcere e unha multa de dous millóns de euros por delitos contra a facenda pública, contable e insolvencia punible.

O exdiputado do PP, Pablo Cobián aceptou unha pena de oito meses de prisión e unha multa de máis de 45.000 euros, ademais dun período de inhabilitación de dous anos e tres meses para cargo público, por un delito de tráfico de influencias.

Cantidades Consignadas

Os acusados nesta trama aportaron xa certaos bens para resarcir os danos causados. Así Arsenio Méndez consignou xa 10.000 euros, Carlos Mojero Álvarez, consigou 2.000 euros máis un contrato privado polo que vende dúas prazas de garaxe, sempre que o Tribunal autorice esta venda. Pablo Cobián consignou xa 12.000 euros e Marcos Antono Iglesias Prieto, 4.000. Por último, María Isabel Fernández Pena y Araceli González García, 2.000 euros cada unha.

 

Operación Campeón

A operación Campeón puxo de manifesto unha trama de corrupción de subvencións que permitiron incluso á firma Nupel obter un crédito do Banco Europeo de Investimentos e tomou o nome dunha das palabras que Dorribo adoitaba utilizar nas conversacións telefónicas gravadas polas autoridades xudiciais.

A investigación foi dirixida polo Xulgado de instrución 3 de Lugo e levou en 2010 á detención de varias persoas sospeitosas de supostas irregularidades na concesión de subvencións públicas a Nupel, propiedade de Dorribo, considerado como o xefe da trama.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com