" />

Sober declara dous días de loito oficial tralo atropelo dun neno de oito anos

O pleno do concello de Sober decretou este mediodía dous días de loito oficial tralo accidente que onte lle causaba a vida a un neno de oito anos.

O cativo acompañaba ao seu pai cando foi sepultado pola máquina elevadora de palés que conducía o home. O suceso tivo lugar no lugar de Viladime de Abaixo, contra as seis da tarde de onte. Cando os medios do 112 se desprazaron ao lugar dos feitos xa nada puideron facer para salvar a vida do cativo, que presentaba un forte golpe na cabeza.

Un grupo de psicólogos especializados tivo que desprazarse ao domicilio familiar para atender ós pais do neno.

Este suceso está a causar un fondo pesar en todo o concello, onde a familia era moi coñecida.

En declaracións a Lugo SiRadio, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, admitía que “todo o concello está consternado por este suceso”. “A tarde de onte foi un dos peores momentos que vivín nos últimos cinco anos”, confesaba o rexedor.

A este respecto, engadía que dende o consistorio farán “todo o posible” para axudar á familia do cativo. Dende hoxe e ata mañá as bandeiras permanecerán a media hasta e non se celebrará ningún tipo de alto oficial en sinal de dó polo sucedido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo