Eolicos

Dous feridos nunha saída de vía na A-8

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá, na A-8 ao seu paso por Abadín despois de envorcar o vehículo no que viaxaban á altura do punto quilométrico 564. Varios particulares poñían en alerta do sucedido ao Centro de Atención ás Emerxencias do 112, pasados uns cinco minutos das dez da mañá. Asemade, debido ao impacto, outro vehículo resultou accidentado ao igual que a sinalización vertical da vía.

Ao lugar do accidente se achegou unha unidade de emerxencias sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e Protección Civil, así como do persoal do servizo de mantemento das estradas, para limpar a vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com