Dramaturgas, directoras e actrices galegas protagonizan a programación teatral no auditorio Gustavo Freire

O Concello de Lugo presentou no día de hoxe a programación teatral que dende a área de cultura se organiza no auditorio municipal Gustavo Freire. Un total de 6 propostas para todos os públicos serán representadas entre o 3 de novembro e o 15 de decembro.

“Nesta nosa primeira programación teatral quixemos poñer o foco nas dramaturgas, directoras e actrices galegas como fío condutor da programación, con habitualmente, salvo honrosas excepcións, menor presenza nos escenarios do país”, afirmaron dende o goberno que aclararon que poñen así, o seu “gran de area” para axudar na evolución “en canto á perspectiva de xénero no sector das artes escénicas”. A edil titular de Cultura indicou que se trata de “espectáculos de calidade para o deleite das amantes do teatro e para enganchar a aquelas persoas que se acheguen a esta arte por primeira vez.

A programación teatral comezará este domingo, 3 de novembro ás 18:30, con Tita, representada por Títeres Babaluva, e orientada a público familiar. Tita é un espectáculo de títeres e actrices sobre a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia. O domingo 17 ás 18:30, Butacazero representará a súa obra para maiores de 12 anos, #CAMIÑOS, un espectáculo cómico que reflexiona sobre o que se perde e o que se mantén do pasado na nosa vida diaria. O seguinte domingo, 24 de novembro, a peza de teatro con monicreques e actrices para público familiar O Poder de Amabel, da compañía Pérez & Fernández representará a novela infantil de Érica Esmoris. O mes de novembro remata coa representación de Invisibles, de Redrum Teatro, o mércores 27 ás 21h. Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo que presenta 7 historias cun denominador común: a violencia de xénero.

A programación continúa no mes de decembro con dúas representación máis. O domingo 8 ás 18:30, Contraproducións representará A Compañeira de Piso, espectáculo cómico para maiores de 16 anos que aborda os temas da idade, muller e a identidade dun xeito fresco e divertido. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que acontece cando este descarrila. O día 15 ás 18:30, Lila Teatro encargarase de pechar a programación con Rara Avis, espectáculo para público familiar que fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo