" />

Dúas persoas falecen en accidentes de tráfico nas últimas horas

Dúas persoas faleceron nas últimas horas en accidentes de tráfico rexistrados en Abadín e no Corgo.

En Abadín, unha colisión entre un camión e un todoterreo na A-8 cobrouse unha vítima mortal. Os Bombeiros tiveron que excarcerar o cadáver do interior do vehículo. Os feitos tiveron lugar a escasos metros da saída de Riotorto, en sentido Begonte. Unha persoa particular alertaba da situación ao 112 Galicia minutos antes das 21:00 horas de onte. Outra persoa que tamén contactou coa central de emerxencias explicou que o todoterreo quedou completamente esmagado e que estaba a arder.

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilalba, que mobilizaron ata o punto senllos equipos. A situación tamén foi posta en coñecemento da Garda Civil. O sinistro obrigou a cortar a circulación da autovía en sentido Begonte durante varias horas.

Sinistro no Corgo
Escasos minutos despois, no Corgo, outra persoa falecía na A-6  nunha colisión entre dous vehículos.

O sinistro rexistrouse á altura do quilómetro 486 da Autovía, en sentido A Coruña. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 21:00 horas para dar conta do accidente.

O persoal da central de emerxencias informou enseguida a Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios desprazáronse ao momento para asistir ao resto de persoas que viaxaban nos dous vehículos implicados. Desde o CAE 112 Galicia tamén se alertou aos Bombeiros de Sarria e de Lugo e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo