Dúas persoas falecen en dous accidentes en Monforte

Unha muller faleceu a pasada noite despois de ser atropelada na LU-617, concretamente no punto quilométrico 4, ao seu paso polo concello de Monforte de Lemos.

Uns minutos despois das 21:30 horas, os Bombeiros de Monforte comunicaban ao 112 Galicia a saída do persoal de emerxencias tras ser alertados por mor dun accidente de tráfico.

Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento do persoal da Policía Local e Protección Civil da localidade.

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Asemade e prácticamente a mesma hora un home perdía a vida tamén en Monforte. O home, cazador, regresaba dunha batida de caza maior e parou o seu vehículo para mirar algo no remolque, momento no que outro vehículo o arrollou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo