Dúas persoas feridas despois de caer por un terraplén o turismo no que circulaban na Fonsagrada

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, esta mañá na Fonsagrada ao saírse da vía e caer por un terraplén o turismo no que circulaban. Ocorreu no lugar de Lamas de Moreira, nunha pista próxima a Villadrís.

Debido á gravidade do accidente, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou ata o lugar do sinistro ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que foi evacuada unha das vítimas ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro ás 10:55 horas e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e  Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que as persoas accidentadas atopábanse accesibles, polo que descartouse empregar o material de excarceración para liberalas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com