Dúas persoas feridas nun choque entre tres vehículos na praza Fonte dos Ranchos

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Lugo despois de chocar tres vehículos que circulaban pola Praza Fonte Dos Ranchos, á altura do cruce da Rúa Quiroga.

Tras recibir o aviso dun particular, sobre  as 15:30 horas, o 112 Galicia informou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron o traslado dos dous feridos ao centro hospitalario de referencia.

Así mesmo, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos  axentes da Policía Local, dos efectivos de Protección Civil e dos Bombeiros da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com