" />

Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Vilalba

Un accidente entre tres vehículos no Concello de Vilalba saldouse con dúas persoas feridas. O sinistro tivo lugar na LU-P-6513, a estrada que une esta localidade con Momán, á altura dunha intersección situada no quilómetro 4.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14:30 horas desta tarde. O Centro de Atención ás Emerxencias informou da colisión a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Vilalba e a Protección Civil.

As tres persoas feridas foron trasladadas polos efectivos sanitarios ao Sanatorio Nosa Señora Dos Ollos Grandes, en Lugo. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo