" />

Dúas persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda do Corgo

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá ao HULA a dúas persoas afectadas por intoxicación de fume producido na súa vivenda, no concello do Corgo, en San Fiz.

Os Bombeiros de Sarria que acudiron ao domicilio, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, indicaron que a intoxicación puido ser debida a unha fenda na cheminea na cociña de leña que durante toda a noite filtrou fume e provocou a indisposición dos afectados.

Eran as 8:30 horas desta mañá, cando o persoal sanitario indicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se dirixía ao domicilio para atender a dúas persoas afectadas por un posible escape de gas.

Decontado, pasouse aviso aos membros do parque comarcal e á Garda Civil. O persoal da empresa subministradora do gas tamén foi informado do suceso polo 112 Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo