" />

Dúas persoas resultan feridas despois de bater contra unhas pranchas de ferro espalladas na A-6, en Baralla

Dúas persoas de idade avanzada tiveron que ser trasladadas a un centro médico esta mañá despois de colidir o coche no que circulaban contra unhas pranchas de ferro que transportaba outro vehículo e que remataron espalladas na A-6.

Así o comunicaba ao 112 Galicia a persoa que conducía o vehículo que cargaba o paquete coas pranchas. Segundo indicaba no seu relato, a carga estaba no asfalto da autovía, á altura de Baralla, e un turismo acababa de impactar contra ela.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria, do GES de Becerreá, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento desta vía de circulación, co fin de atender ás persoas feridas e restablecer as condicións de seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo