Ducias de nenas e nenos participaron no concurso de disfraces infantil

Un ano máis polo sábado de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.

A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías como o baile do musical Grease, pallasos patinadores ou feros piratas. Os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos como a prisión Lego, unha parella de dragóns ou un destacamento de cazafantasmas. As personaxes nas que se inspiraron os nenos lucenses van dende os protagonistas dos contos como Pinocho ou personaxes Disney. O cine tamén foi fonte de inspiración e non faltou a volta á casa de E.T., os cazafantasmas e princesas e dragóns. Tamén houbo sitio para a fantasía e xurdiron personaxes como un porcoespiño, a raíña das neves ou unha palleira. Os produtos galegos tamén tiveron o seu lugar, representados, entre outros, pola comparsa O Poder dos Grelos. Durante a deliberación do xurado, formado por Elvira Lombao, representante da FAPACEL, Cristina Seijas, mestra e pedagoga, e Nicolás Madero, integrante de Hipócrita Teatro, Isla Le Triska realizou un espectáculo de clown e malabares para toda a familia.

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron doce persoas. Nesta categoría establecéronse tres premios e os agraciados foron os seguintes:

  1. Madre Natureza cun premio por valor de 100€
  2. Este Vestido es un Rollo cun premio por valor de 75€
  3. Pirata de Lego cun premio por valor de 50€

Na categoría de disfraces por parellas foron cinco as que decidiron presentarse, entre as que se repartiron os seguintes premios:

  1. As Malvadas Recicladas Rouban a Carroza de Disney cun premio por valor de 150€
  2. Clower Power cun premio por valor de 120€
  3. Princesa e Dragón cun premio por valor de 90€

O desfile rematou co paseo das seis comparsas que se presentaron. Ducias de nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.

Os premios repartíronse do seguinte xeito:

  1. Sorpresa, Sorpresa! cun premio por valor de 225€
  2. Pop Art Show cun premio por valor de 175€
  3. O Poder dos Grelos cun premio por valor de 140€

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com