Ecoloxistas denuncian a construción dun polígono no paso do Camiño de Santiago pola Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción denuncia que no Concello da Fonsagrada preténde construír sobre o Camiño de Santiago primitivo unha ampla rotonda de circunvalación de acceso a un polígono industrial que ocasionaría a destrución completa dun tramo do Camiño Primitivo catalogado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

A organización ecoloxista alerta de que plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia e o Goberno Municipal, sitúan o desenvolvemento do polígono industrial na marxe dereita da estrada A Fonsgrada-Lugo na parroquia de Padrón, dita localización invade as distintas zonas por onde discorre o camiño .

O polígono industrial da Fonsagrada está situado dentro do ámbito delimitado do Camiño de Santiago aprobado (decreto 267/2012 do 5 de decembro), e cuxa delimitación ten por obxecto a protección da paisaxe inmediata ao camiño e as vistas sobre a paisaxe máis afastada. O criterio utilizado por esta norma é a necesidade de protexer os elementos vinculados ao camiño e a súa contorna máis próxima como son os noiros, bosques, prados e construcións tradicionais. “Dándose ademais a circunstancia de que a ambas as marxes do posible futuro polígono discorren dous regatos”, explica o colectivo.

Sinalan que de levarse a cabo suporía un “dano irreparable a un ben patrimonio da humanidade” e que non se entendería que “a Xunta non o protexese un patrimonio catalogado”. Critican a idoneidade dun investimento público deste importe neste lugar e neste momento, cando precisamente nos últimos 10 anos a dismunición da actividade industrial foi considerable deixando baleiros numersos parques industriais ao ancho do país.

Ecoloxistas en Acción solicita ás institucións implicadas que non sigan cun proxecto que suporía a degradación deste tramo do Camiño Primitivo e unha perda do patrimonio cultural e paisaxístico que afectaría aos veciños, visitantes e peregrinos de hoxe e vindeiros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com