El Boni Parrillada, gañador do XV Concurso de Tapas de Lugo

Os seguidores da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo decidiron que a vitoria fose para a tapa O alto do Fiouco presentada por El Boni Parrillada. Así o anunciou esta mañá a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real; a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a deputada de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García.

Real destacou o crecemento importante na presencia de visitantes e apuntou que “foron 36.000 as tapas vendidas durante os quince días de duración do certame, coas que se alcanzou un volumen de negocio duns 200.000 euros”.

Tamén se fixo pública a decisión do xurado técnico, formado por Quique Rodríguez, Sergio Fernández, José Luis Oliveira e Jesús Rodríguez Carreiras. O primeiro premio foi para Paprica, pola tapa Ravioli; o segundo premio concedéuselle ao Restaurante Campos, por Rib de Duroc; o terceiro premio, á Arrocería Os Cachivaches, por Anguía, foie e mazá; a mellor maridaxe con Estrella Galicia conseguiuna o Mesón Pulpería O Castelo con Polbo afumado á grella, e a mellor maridaxe con D.O. Ribeira Sacra, O Cincuenta e Seis con Rabo de boi, redución de Mencía e arroz salvaxe.

Durante o acto, tamén tivo lugar o sorteo entre todos os cupóns de votación para coñecer os gañadores das viaxes, ceas e resto de regalos, que estarán dispoñibles dende mañá na web www.eparacomerlugo.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo