Elena Candia define a estrutura do novo goberno municipal e reparte áreas e voceirías do executivo

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia López, puxo en marcha a estrutura do novo goberno municipal coa distribución das áreas de responsabilidade entre os membros do executivo local. O decreto de organización xa foi remitido aos servizos xurídicos para a súa sinatura, co propósito de iniciar “desde o minuto cero” o desenvolvemento das propostas recollidas no Plan de Acción para Lugo.

Segundo explicou a rexedora, o novo equipo de goberno nace coa intención de impulsar unha administración “máis próxima, resolutiva e centrada na mellora dos servizos públicos, da xestión municipal e da atención á veciñanza”.

A distribución das competencias municipais queda organizada do seguinte xeito:

  • Elena Candia López asumirá as áreas de Medio Ambiente, Xestión Integral de Recursos Humanos e Seguridade.
  • Cristina Sanz Arias estará á fronte de Dinamización Económica e Relacións Institucionais.
  • Antonio Ameijide Osorio encargarase de Mobilidade e Obras.
  • Javier Vázquez Prado asumirá Cultura e Educación.
  • Flor Rubinos Rois dirixirá a área de Zona Rural.
  • Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez será o responsable de Urbanismo.
  • Gustavo Enrique Díaz Rey ocuparase de Política Social, Maiores e Migración.
  • Agustín Gallego Vigo liderará Turismo e Museos.
  • Mar Carballas Piñeiro asumirá Economía, Participación, Servizos á Veciñanza e Benestar Animal.
  • Damián Carballo Méndez será o responsable de Deportes, Infancia e Xuventude.
  • Aurora Aida Goás Castro ocuparase de Muller e Conciliación.
  • Silvia Colmenero Guzmán dirixirá Industria e Mercados.

Ademais, a concelleira non adscrita María Reigosa Castro desenvolverá labores de supervisión política e programática das actuacións municipais en materia de infraestruturas de maneira transversal, en cumprimento do artigo 73.3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.

Con esta reorganización, o novo executivo municipal pretende acelerar a posta en marcha das preto de cincuenta medidas incluídas no seu programa de goberno para a cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com