" />

Elena Candia impulsará a declaración do Mercado Medieval de Mondoñedo como Festa de Interese Turístico Galego

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena  Candia, participou esta mañá na presentación do cartel e do programa da XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo onde avanzou que o seu Goberno impulsará que sexa declarado Festa de Interese Turístico Galego para o que dará comezo “de xeito inmediato” aos trámites oportunos.

Na presentación participou parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.

A rexedora puxo en valor o incremento de actividades coas que contará o Mercado Medieval con respecto a edicións anteriores. Neste senso, destacou a presenza dos cabaleiros medievais de Alfoz, os Kilomberos de Monte Alto e a Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II, entre outros moitos.

Elena Candia explicou que o seu equipo de Goberno participou no deseño dun programa “que pon en valor a nosa historia” ao tempo que se comprometeu a realizar unha campaña de promoción estratéxica “que nos permita que Mondoñedo ocupe o lugar que lle corresponde a nivel histórico e turístico”.

A alcaldesa aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. Candia destacou, de xeito especial, o apoio prestado pola ANPA do colexio e da Escola de Música Municipal que, con máis de 40 nenos e nenas, formarán parte do programa festivo coas súas

En concreto, a XXIV edición do Mercado Medieval contará con 200 postos de artesáns procedentes de distintas localidades. Elena Candia fixo fincapé no feito de que 60 deles son de nova incorporación, o que “dá conta do interese que este evento ten non só na localidade, senón a nivel provincial e incluso galego”, explicou.

O Concello de Mondoñedo achega 33 dos postos. A rexedora anotou ademais que este ano o Goberno local apostou por reorganizar a ubicación dos postos e pola dinamización do mercado con innovadoras actuacións que, “a bo seguro, serán un reclamo para achegarse a Mondoñedo”.

Haberá postos de exhibición de actividades artesanais tales como forxa, palilleiras, traballo en coiro, zoqueiro. Os postos de venda de artesanía poñen a disposición do público unha ampla oferta de xoiería, traballo en coiro, cerámica, xoguetes, perfumes ou macramé. Ademais, haberá cunha ampla oferta gastronómica con postos de venda e consumo de diversos produtos.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

VENRES, 7 DE AGOSTO

23.00 horas. Aquelarre de bruxas na Praza da Catedral. Xuntanza das Mesnadas Mindonienses e Soldados do Mundo Cristiano.

Rendemento de bandeiras ao Rei Afonso VII.

Xuizo por bruxería.

Homenaxe ás persoas célebres do Mercado Medieval.

Visita a San Roque e posterior pasarrúas acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

00.30 horas. Entrega de poderes do lume, auga e terra ao Mago Merlín e purificación das bruxas na Rúa Bispo Sarmiento.

SÁBADO, 8 DE AGOSTO (DÍA DO TURISTA)

11.30 horas. Saída dende a Casa do Concello da comitiva formada polo Merino, Merina e Soldados das Mesnadas Mindonienses cara a Praza da Catedral acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

12.00 horas. Pregón e apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de produtos artesáns de, forxa, cantería, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro. Venda de produtos típicos da terra.

Personaxes caracterizados por toda a Cidade.

Degustación gratuita de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá.

Venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral.

Exposición de aves rapaces na Praza da Catedral.

12.15 horas. Inauguración da Rúa Afonso VII; visita e inspección dos postos do Mercado polas Mesnadas Mindonienses.

12.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro e Coplas de Cego.

13.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

13.00 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

13.15 horas. Pasarrúas Pistacatro e Souto Xímaro.

13.30 horas. Exhibición de Cetrería na Praza da Catedral.

16.30 horas. Xogos Populares na Praza da Catedral a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval”.

17.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

17.00 horas. Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

18.00 horas. Audiencias Reais e nomeamento de Damas e Cabaleiros polo Rei Afonso VII no Campamento das Mesnadas na Praza da Catedral.

18.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses.

19.00 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

20.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

20.00 horas. Espectáculo dos Cabaleiros medievais de Alfoz.

20.30 horas. Pasarrúas pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

21.00 horas. Cea Medieval; (polo asado, xamón cocido, empanada, pan e viño. Prezo: 10€, inclúe cunca e táboa conmemorativa). Venda de tickets: Oficina de Turismo e Praza da Catedral.

00.00 horas. Actuación de Festicultores. Organizado pola Asociación XOLDRA de Mondoñedo. Praza do Concello.

DOMINGO, 9 DE AGOSTO

11.00 horas. Apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de produtos artesáns de, forxa, cantería, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro. Venda de produtos típicos da terra.

Personaxes caracterizados por toda a Cidade.

Degustación gratuita de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá.

Venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral.

Exposición de aves rapaces na Praza da Catedral.

12.00 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses.

12.15 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval por distintos espazos do Mercado.

12.15 horas. Pasarrúas a cargo de Kilomberos de Monte Alto.

12.30 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

13.00 horas. Voda Medieval polo rito Mozárabe na Fonte Vella e posterior desfile da comitiva pola rúas da Cidade acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.

13.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro e Souto Xímaro.

13.30 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

14.00 horas. Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.

17.00 horas. Xogos Populares na Praza da Catedral, a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval”.

18.00 horas. Pasarrúas Pistacatro e Souto Xímaro

18.30 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.

18.30 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.

19.30 horas. Exhibición de Cetrería na Praza da Catedral.

20.00 horas. Pasarrúas a cargo de Kilomberos de Monte Alto.

22.00 horas. Clausura da XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo