Elena Candia insta ao Goberno Provincial a enviar ao Pleno os orzamentos antes de final de ano

A voceira do Partido Popular, Elena Candia, declarou que o goberno bipartito era “incapaz de presentar os Orzamentos, principal instrumento para responder ás necesidades dos lucenses”

O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo urxe a través dun escrito ao bipartito que presente as contas que van permitir facer investimentos en todos os concellos de Lugo no próximo ano.  “Un compromiso irrenunciable que o PP selou coas corporacións locais cando estivo no Goberno”.

A voceira dos populares sinalou que “o vindeiro martes celebrarase o pleno ordinario e a día de hoxe entre as convocatorias de comisións informativas non figura a da presentación dos orzamentos para 2016, por iso remitimos hoxe un escrito dirixido ao presidente da institución esixíndolle que remita o Orzamento xeral para 2016 ao pleno da Deputación antes do 31 de decembro”

Candia dixo que a elaboración dos orzamentos “non é un opción, é unha obriga” e máis cando “estamos a falar do principal instrumento para dinamizar a economía da provincia e realizar investimentos alí onde o precisen e o demanden os concellos”. Asemade lamenta que a de Lugo “sexa a única Deputación de toda Galicia na que aínda non se aprobaron as contas” e “nós imos actuar con responsabilidade, porque o piden os veciños e os alcaldes, e esiximos uns orzamentos aprobados na maior brevidade posible”.Remetou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com