En Común reivindicará para Lugo un xulgado exclusivo de violencia de xénero e a cuarta sala do social

Galicia en Común esixiralle ao Goberno do Estado a dotación dun novo xulgado do social para Lugo que evite a excesiva demora que padecen os traballadores, así como un xulgado exclusivo de Violencia sobre a Muller que dea unha resposta contundente, eficiente e especializada ante esta lacra incesante “que nos sacude como sociedade”. Así o deu a coñecer esta mañá diante dos  xulgados lucenses a candidata ao Congreso desta formación, Vanessa Somoza.

A agrupación de esquerdas considera “imprescindible” para a provincia poder contar cun cuarto xulgado do social e outro dedicado en exclusiva á Violencia sobre a Muller. “Máis alá das boas palabras e das declaracións de intencións, hai que responder cos feitos e poñer os medios físicos que respondas ás necesidades da cidadanía de Lugo”, manifestou a candidata.

“Esixirémoslle ao Goberno que dote a Lugo dun xulgado específico para a violencia sobre a muller e a dotación económica dun Plan Estatal de loita contra as violencias machistas”, reiterou. “Hai que rematar dunha vez por todas coa impunidade de casos como o Operación Carioca, o maior caso de prostitución, trata e tráfico de persoas para o que seguimos a insistir en que en que tanto a Xunta como o Concello de Lugo se teñen que persoar como acusación popular e reclamar xustiza que é o que lles estamos a demandar moitas veciñas e veciños de Lugo”, insistiu a candidata.

Sen esquecer, engadía Somoza, a urxencia dun novo xulgado do social, unha demanda aprobada pero adiada, “a sobrecarga desta sala na nosa provincia leva a que os conflitos se alonguen ate dous ou tres anos nos casos ordinarios e preto de seis meses nos urxentes, unha espera insoportable para os traballadores e traballadoras e as súas familias polo que non imos perder nin un minuto en esixir esa nova sala do social”.

Desde Galicia en Común aseguran que non van permitir que o Estado “esqueza á nosa provincia”; así o explicaba Somoza quen fixo un chamamento á veciñanza: “o 10 de novembro temos que mobilizarnos as xentes de esquerdas para rachar co bipartidismo en Lugo e ter un Goberno no que Galicia este presente con políticas feitas desde o noso país e que entenda as necesidades dos nosos sectores produtivos”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Mari Dominguez
    Nov 04, 2019 - 02:39 PM

    A ver si se consigue de Unha vez.

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 04, 2019 - 02:23 PM

    Esta ben esa proposta. O caso é que a concedan

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo