En marcha o Plan de Roza da Deputación, en estradas de 13 Concellos da provincia

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, anunciou que o Executivo Provincial leva investidos máis de 800.000 euros para o Plan de roza e desbroce da Deputación co que se acondicionarán as estradas provincias dos 67 Concellos lucenses.

Fernández Queipo subliñou que “actualmente os operarios das empresas adxudicatarias xa están traballando na roza das vías provinciais dos seguintes 13 Concellos: O Vicedo, Viveiro, Xove, Xermade, Ourol, Burela, Foz, Cervo, O Valadouro, Alfoz, A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza. A vindeira semana comezarán os traballos de acondicionamento dos restantes municipios da provincia. Como sabedes, dende o Goberno da Deputación decidimos comezar a roza pola zona da Mariña, para que estean en perfectas condicións para os veciños e turistas que se acheguen as nosas praias en esta tempada de verán”.

O Deputado de Vías e Obras explicou que “en total, coas contratacións que levamos aprobadas en Xunta de Goberno, levamos investido máis de 800.000 euros na roza de vías provinciais de 65 municipios da provincia. O conxunto destes traballos foron adxudicados a autónomos e pequenas empresas. Nas vindeiras semanas, adxudicaremos os traballos de roza nas estradas provincias dos restantes 2 Concellos da provincia con outros 40.000 euros. En total o investimento do Plan de Roza e Desbroce da Deputación será de 850.000 euros, coa que actuaremos nos máis de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial máis extensa de España e que discorre polos 67 Concellos da nosa provincia”.

Tamén fixo fincapé na importancia do Plan de roza e desbroce de malezas, ao que o Goberno provincial reserva un cuantioso investimento “que é moi necesario porque grazas a esta actuación melloramos a seguridade dos condutores que circulan polas nosas estradas, ao facilitar a visibilidade na rede viaria e reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, ao tempo que xeramos traballo do que se benefician moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com