En Marea comprométese a romper co illamento ferroviario do sur da provincia

En Marea romperá a incomunicación ferroviaria do sur da provincia de Lugo e esforzarase por conseguir os orzamentos que o Partido Popular negou durante anos”, ese foi o compromiso que o voceiro da agrupación azul, Luís Villares, deixou en Monforte, nun mitin no que o voceiro apostou por potenciar o desenvolvemento do Porto Seco para convertilo nun auténtico nó de mercadorias cara a Europa.

“O Partido Popular é o partido do illamento e do atraso socioeconómico para Galicia. E en Monforte temos un exemplo claro do desleixo e da ausencia de políticas en materia de infraestruturas deste partido, que levou a que Monforte perdese o tren todos estes anos”. Así denuncia o voceiro de En Marea unha situación que,segundo avanzou, a formación se esforzará por reverter, impulsando unha política de infraestruturas clara para a provincia e para a vertebración de todo o sistema ferroviario galego.

Para En Marea, resulta “intolerable” que o Porto Seco se manteña como “unha superficie herma, sen ningún tipo de actividade, un exemplo das políticas ferroviarias e de infraestruturas que o PP non quixo desenvolver” e do seu desinterese cara ás necesidades da provincia de Lugo.

Contra ese modelo que opta pola paralización, En Marea comprométese a levar a Madrid as tarefas pendentes en materia de infraestruturas e conexións ferroviarias. “Queremos un Corredor Atlántico ferroviario e querémolo xa. Un corredor no que Monforte sexa o nó de todas as comunicacións das mercadorías que chegan por porto”, asevera Villares.

En Marea aposta polo ferrocarril como un medio de transporte rápido, eficiente e sostible ambientalmente, tamén no que a transporte individual de persoas se refire. “Fronte ao modelo do PP, que se empeñou en manter illado Monforte e o sur de Lugo; fronte á incomunicación ferroviaria que se mantuvo durante todo o goberno de Rajoy coa convivencia de Feijóo, que non desenvolveu o Porto Seco, En Marea aposta polo seu desenvolvemento inmediato”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo