" />

En Marea critica “o abandono” de Lugo e a súa contorna tras unha visita aos Lagos de Teixeiro e o casco histórico

O voceiro do grupo parlamentario En Marea, Luís Villares, e maila deputada, Paula Verao, criticaron onte o “desleixe” das diferentes administracións coa cidade de Lugo e a súa contorna, tras un percorrido que fixeron polos Lagos de Teixeiro e pola cidade histórica, no que estiveron acompañados tamén polos edís e a edil de Lugonovo Santiago Fernández Rocha, Cristina Pérez Herráiz e Iñaki García Gómez.

O roteiro comezou, segundo afirmou En Marea, pola área natural dos Lagos de Teixeiro “onde constatamos o deterioro deste enclave que foi ata hai relativamente pouco tempo o lugar de esparcemento e recreo para a propia cidade Lugo”. Para Luís Villares, é “incomprensible” este estado de abandono de tendo en conta que “aínda está en vigor un convenio entre a comunidade de montes e a administración pública polo cal se debería garantir a conservación desta área natural”.

Posteriormente, os deputados de En Marea mantiveron un encontro coa asociación Lugo Monumental, colectivo co que coordinaron unhas iniciativas que trasladarán ó Parlamento de Galicia coa vontade de reivindicar un plan urxente de rehabilitación e dinamización do casco histórico da cidade.

A visita do voceiro parlamentario a Lugo rematou coa súa participación na asemblea de Lugonovo, para coñecer, de primeira man, as súas principais demandas para a cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo