" />

En Marea pide a Fomento que non se negue a construir a pasarela peonil da N-VI

O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixíuse hoxe ao actual Ministerio de Fomento presidido por José Luis Ábalos para demandarlle a construción da pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do estadio de Anxo Carro.

Pídellle que cambie as constantes negativas do anterior Goberno do PP para efectivizar unha infraestrutura que se demostrou necesaria e que sería de enorme utilidade para a mobilidade da cidade de Lugo, e adopte unha posición positiva procedendo a satisfacer unha vella demanda social da cidade luguesa.

Lembra Fernán Vello que,  en diversas ocasións, a súa formación tense dirixido ao Ministerio de Fomento, “pero sempre nos atopamos coa súa posición de bloqueo”. Os problemas de acceso da N-VI ao estuadio de fútbol desde a Calzada da Ponte, agudízanse durante as celebracións de competicións deportivas, como é de dominio público. “Téñense producido auténticos colapsos e con centos de persoas camiñando nas marxes da N-VI cos conseguintes problemas de seguridade vial que esto ocasiona”.

A alternativa que se pide é a construción dunha pasarela peoníl que daría seguridade aos vindantes e solventaría a problemática. “Que disposición ten o Ministerio a atender esta demanda? Comparte que se trata dunha infraestrutura que non reviste complexidade e que solucionaría o problema? Non cre que en seguridade vial non debe escatimarse?”.

Sinala Fernán Vello que nas últimas respostas a En Marea do anterior Goberno do PP, “recoñecía que  tiña coñecemento da problemática xerada pola presenza de peóns nas marxes  da N-VI polos cruces de persoas que se producen no entorno do estadio”, mais “continuou a optar pola inación a pesar de estar en risco a seguridade vial da xente” , afirma o deputado de En Marea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo