En Marea pide ao goberno central que axude ás electrointensivas

En Marea pedirá ao goberno español que habilite desde xa, un sistema que garanta a viabilidade do sector de factorías industriais como a de Alcoa en San Cibrao mellorando e abaratando o acceso das mesmas á enerxía eléctrica. O voceiro de En Marea, Luís Villares, máis o deputado Francisco Casal e o integrante da coordinadora de En Marea e traballador de Alcoa-San Cibrao, Javier Arca, participaron nunha reunión co comité de empresa da factoría e sumáronse ás mobilizacións iniciadas este mediodía pola plantilla.

Tal como explicou Luís Villares o primeiro que pedirá En Marea ao goberno do Estado é que libere os 200 millóns de euros dos que dispón o goberno para a compensación dos custes por CO2, “unha decisión que o goberno pode tomar aínda estando en funcións”. O voceiro de En Marea detallou que este diñeiro estaba xa previsto nos orzamentos do exercicio anterior e nos prorrogados do actual polo que “o goberno podería facelo efectivo de xeito inmediato”. Para Villares esta medida suporía “unha baixada ata os 50 euros do megavatio/hora e constituiría un alivio nos prezos que pagan as empresas electrointensivas”.

Na reunión co comité de empresa, os representantes de En Marea expuxeron a segunda medida que reclamará a medio prazo “un novo marco regulatorio para o sector eléctrico que permita un abaratamento da enerxía tanto para as familias como para a industria e, por suposto, para a industria electrointensiva”. Para conseguir este abaratamento, En Marea propón que “da poxa eléctrica se retiren as enerxías producidas por centrais hidroeléctricas e nucleares, que teñen unhas infraestruturas sobradamente amortizadas e derivando esta enerxía a contratos a medio prazo con contratos bilaterais entre empresas produtoras e as grandes consumidoras de electricidade”.

Hai unha terceira proposta de En Marea para o sector do aluminio e para o caso de Alcoa, “é necesario -explicou Luís Villares- establecer aranceis ambientais para a importación de aluminio”. Este arancel está xustificado porque países como “Arabia Saudí está tirando cos prezos do aluminio utilizando para facelo grandes cantidades de enerxías fósiles, de derivados do petróleo sen pagar ningún tipo de taxa ambiental, algo que as empresas europeas si están pagando”.

Francisco Casal engadiu que estas propostas de En Marea son similares ás que tomaron países como Francia, que quitou do “pool” eléctrico “as enerxías que se producen en centrais nucleares e hidroeléctricas”. O deputado de En Marea sinalou que non é lóxico que “sistemas de produción completamente amortizados e que polo tanto teñen uns custes de produción baixísimos”. Casal explicou que os custes de produción dun megavatio nestes dous casos poden ser de dez euros “pero saen á venta no pool a 60 euros” unha marxe que o deputado considera “inaceptable e escándalosa que prexudica moi claramente ás empresas e ás familias e só beneificia ás eléctricas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com