Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea reclama no Congreso que arranxen a N VI

O Deputado por Lugo de En Marea Fernán Vello, presentou no Congreso unha proposición non de lei  na que demanda ao Ministerio de Fomento a aprobación dun Plan de mellora da seguridade vial da N-VI ao seu paso pola provincia de Lugo, en concreto á altura de O Corgo e na comarca da Montaña.

O deputado pon de manifesto ao Ministerio que “a N-VI, na zona situada entre Nadela e Gomeán conta cun firme moi deteriorado dende hai tempo. Está inzado de baches e socavóns, ao que se engaden outros problemas de inseguridade vial derivados da existencia de cruces perigosos e agravados pola falla dunha iluminación axeitada, a ausencia de pasos de peóns en zonas habitadas, a falla de sinalización ou limitación da velocidade en determinadas áreas de risco como centros educativos, centros deportivos ou sanitarios”. Enfatiza o deputado de En Marea que no último informe da Asociación Española da Estrada “aparecía entre os viais en peor situación o da N-VI á altura de O Corgo”. 

Do mesmo modo, o representante de En Marea por Lugo, solicita que se arranxe  outra zona desta estrada “que igualmente presenta un elevado índice de deterioro, este situado na Montaña, no tramo que sube a Becerreá. Un treito que presenta unha preocupante desfeita na súa calzada. Os carrís teñen tantas deficiencias que obriga aos condutores a circular polo carril do centro aínda que non sexa o regulamentario”. 

Miguel Anxo Fernán Vello explica que a N-VI é un vial moi  transitado por  todo tipo de vehículos. “Canto máis deteriorado está o firme, máis empeora co paso dos coches. Co cal os problemas de inseguridade vial agudízanse, e a súa perigosidade agrávase”. Ademais, sinala o deputado de En Marea, “a falla de actuacións de mantemento e mellora do firme pon en serio risco a moitos usuarios e tamén a peóns pola falta de adecuación da estrada ao seu paso por núcleos de poboación”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo