En Marea solicita que non se corten as árbores no arranxo da estrada entre Friol e Palas

A Xunta de Galicia vai dar comezo ás obras de ampliación da estrada LU-231 entre Friol e Palas de Rei, dentro da Reserva da Biosfera, cortando as árbores das marxes, cun investimento de 6.000.000 euros.

Cando o proxecto foi exposto ao público, a Asociación para a defensa do Patrimonio Galego fixo as alegacións pertinentes -en tempo e forma-, acompañandoun  informe dun doutor enxeñeiro de camiños que ditamina que haberá accidentes no futuro, por incumprir normas técnicas.

Segundo respalda o colectivo, a obra é innecesaria, porque segundo informe que dispoñemos circulan 70 vehículos por hora, o que non causa problemas. A propia asociación aportou solucións técnicas para mellorar a estrada, coa mellora do firme e da sinalización, cuxo orzamento apenas chega ao 10% do que van gastar.

Nesta liña, En Marea vén de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego para paralizar a actual mellora e para repensar o proxecto entre os técnicos de Medio Ambiente, Medio Rural, Patrimonio Cultural e da Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego para que a mellora non supoña a tala das árbores da beira da estrada.

As reservas da biosfera son Patrimonio da Humanidade declaradas pola Unesco/ONU polos seus valores patrimoniais co fin de conciliar a conservación da súa biodiversidade co uso sustentable, o desenvolvemento económico, a investigación e a educación. E, por esta razón, En Marea defende o arranxo da estrada, argumentando que esta mellora é totalmente posible sen cortar ningunha árbore. De seguir co proxecto a Xunta de Galicia sería responsable directa dun atentando grave contra os valores ambientais, paisaxísticos, etnográficos e culturais desta Reserva da Biosfera

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 24, 2020 - 03:12 PM

    As árbores o pé da estrada dan unha seguridade………….
    Ah! Son moi decorativos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com