En que momento a residencia de Becerreá deixou de axustarse á rede provincial?

A Deputación provincial de Lugo cando era presidente o Sr. Besteiro, tiña o propósito de facer fronte á sangría demográfica que afecta á provincia creando unha rede de residencias da terceira idade con centros de día en distintos Concellos. Vendo despois a relación dos mesmos, todos do PSOE ou BNG.

A Deputación argumentaba que segundo o Napa Galego de Equipamentos Sociais da Xunta, Lugo contaba con 2.500 prazas menos das que lle correspondían, tendo en conta o número de maiores de 60 anos, que representaba a terceira parte da poboación lucense. Lugo era ademais, era a provincia galega, despois de Ourense, co menor número de prazas públicas. No caso da Comarca dos Ancares, a parte de emendar un abandono histórico,- o sueste de Lugo era a única zona sen residencia para maiores pública- e facer realidade as promesas dos distintos partidos políticos nos últimos corenta anos, sería unha inxección de futuro para a comarca e Becerreá como cabeceira, asentaría poboación coa creación dun número de postos de traballo importantes e daría unha cobertura eficaz á envellecida poboación da comarca. Por iso en maio de 2011, a Deputación Provincial de Lugo contrata e aproba o Proxecto básico e de execución de centro de día e residencial en Becerreá. Ese que agora resulta ter carencias importantes, 12 anos despois.

Con data 25 de xuño de 2016 asinouse protocolo de intencións para establecer o marco de COLABORACION ENTRE A DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO E 0 CONCELLO DE BECERREACO FIN DE CONSTRUÌR EXESTIONAR UN EQUIPAMENTO RESIDENCIAL(CENTRO DE DÍA E RESIDENCIA)COMARCAL EN BECERREA.

O 26 de novembro de 2016, en sesión ordinaria o pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou a proposta do seu presidente, o Sr. Campos de aprobación do convenio de colaboración con 22 votos a favor e dúas abstencións.

A partir de aí o edificio foise executando de modo que finalizada a súa vixencia o concello xa cumprira todos os seus compromisos.

O 26 de febreiro do ano 2020, o Pleno da Deputación de Lugo, esta vez a proposta do seu presidente o Sr. Tomé, acorda aprobar a addenda ao convenio anterior que permitiu prolongar a súa vixencia ata o 19 de decembro do ano 2023.

E despois de todos estes fitos, resulta agora que a residencia de Becerreá non se axusta á rede provincial.

En ningún momento apareceu ou tomou acordo algún SUPLUSA pero si os tres últimos presidentes socialistas da Deputación Provincial de Lugo.

TRES presidentes non viron que o proxecto tiña carencias importantes?

-TRES presidentes non viron que o proxecto non se axustaba á rede provincial?

-Se é por grande, porque se axusta a de Ribadeo?

-Porqué antes das eleccións municipais o Sr. Tomé veu facer a foto diante da Residencia co candidato á Alcaldía co Sr. Pereira?

– Como se chama facer obras que non se axustan ou teñen carencias  importantes?

 

 

Plataforma pro apertura residencia Becerreá.

 

 

 

1

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com