Encontro de mozos de España, Portugal e Italia que participan na primeira fase de iniciativa Young Lab

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, e un representante do  Município portugués de Tábua, Ricardo Cruz, déronlle a benvida este mércores aos mozos de España, Portugal e Italia que participan na primeira fase da iniciativa YOUNG LAB, un proxecto financiado no marco do programa europeo Erasmus+. Trátase dunha iniciativa conxunta entre o Concello de Lugo, o Município de Tábua e a organización Rete Educare ai Dirittti Umani de Itali para fomentar a participación activa dos mozos na construcción democrática a nivel local, promovendo a súa consciencia cidadá a través das búsqueda de solucións conxuntas para o desemprego xuvenil.

Este proxecto está subvencionado ao 100% pola Unión Europea e é a primeira vez que o Concello executa unha iniciativa destas características. O programa sacouse adiante na Concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, coa colaboración da área de Xuventude.

No acto de apertura da primeira fase, que acollerá o Salón de Plenos ao longo do día de hoxe e de mañá, Lara Méndez destacou a importancia desta iniciativa para o Concello, e lembrou as taxas de paro tan elevadas que poñen de manifesto esta problemática, un 35% na provincia de Lugo e un 43% en Galicia, que duplica á media europea.

Lara Méndez incidiu no segundo eixo deste “proxecto enriquecedor e ilusionante”, tal e como o definiu a Alcaldesa, a concienciación da xente moza nas institucións. “As admimistracións temos a capacidade e competencia de cambiar a vida municipal e que os mozos se conciencien da necesidade de implicarse na vida adminsitrativa é fundamental”, aseverou ao tempo que se mostraba encantada de recoller as propostas vistas dende a óptica e dende o prisma dos rapaces e rapazas.

Espazo de encontro permanente no tempo

O proxecto, dirixido a mozos e mozas entre 16 e 30 anos residentes nalgúns dos países participantes no programa, que teñan ademais un nivel alto de inglés, contará coa participación de 50 mozos e 20 responsables ou expertos no ámbito da mocidade. Serán 20 os rapaces e rapazas españolas e 10 expertos e 15 mozos e 5 responsables os procedentes de italia e Portugal, respectivamente.

A través do YOUNG LAB, o Concello quere crear un espazo de encontro, de diálogo e de participación que perdure no tempo e que permita atopar solucións compartidas a temas de interese local.

 4 fases

A iniciativa, que terá en conta a igualdade de xénero, dividirase en 4 fases. A primeira delas, á que se celebra hoxe e mañá no Salón de Plenos do Concello, é un laboratorio de ideas sobre o emprego. Nesta primeira xuntanza participan 20 mozos lucenses, 2 representantes do Municipio de Tábua e un mozo portugués e 2 rapaces italianos.

A segunda delas será un debate para unha recomendación común sobre o emprego xuvenil e a terceira, a elaboración dun documento final que idee fórmulas e recomendacións para combater o desemprego xuvenil, para que empreguen as institucións e organizacións participantes. Haberá unha cuarta a modo de conclusión.

Coímbra acollerá o segundo encontro, os días 19 e 20 de maio, e Florencia, o terceiro os días 16 e 17 de xuño. Lugo volverá a acoller o cuarto encontro, o 30 e o 1 de xullo.  As temáticas a tratar son as oportunidades laborais para os mozos, a preparación para o emprego, a actitude cara a busca de emprego, as redes sociais e o emprego, a muller moza fronte ao emprego e a preparación dunha entrevista de traballo, así como a mobilidade europea.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com