Los Enemigos, La Habitación Roja e Familia Caamagno novas confirmacións para o San Froilán

Os grupos La Habitación RojaLos Enemigos Familia Caamagno  son os tres novos grupos confirmados para as Festas do San Froilán.

 La Habitación Roja estará na praza Horta do Seminario o vindeiro 5 de outubro. É un grupo de pop-rock indie, orixinario da localiade valenciana de La Eliana. Con 20 anos enriba dos escenarios son, levan 11 álbums e outros tantos EP e sinxelos.

O grupo madrileño Los Enemigos, actuarán a noite do 12 de outubro na praza Horta do Seminario. Los Enemigos nacen no ano 1985 e convertense  nunha das bandas máis importantes do rock en español. O mesmo ano da súa formación gañan o concurso de rock Villa de Madrid, e ao ano seguinte gravan o seu primeiro álbum. Entre 2001 e 2002 publican dous recopilatorios cos directos da súa xira de despedida, regresando de novo aos escenarios en 2012.

O grupo galego Familia Caamagno actuará o día de inicio das festas na praza de Santa María.  No 2012 editaron os seus dous primeiros traballos, “Familia Caamagno” e o sinxelo “Cantan polo Nadal!”. No ano do seu debut levaron o primeiro premio do Concurso de Bandas da Deputación da Coruña. Neste ano están a presentar o seu novo disco “Había que Intentalo!”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo