" />

Entra en funcionamento o novo alumeado público da Fonte dos Ranchos

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados na actuación de renovación do público na zona da Fonte dos Ranchos, Doutor Ochoa e do primeiro treito da Avenida das Américas. “Os traballos continúan a desenvolverse na zona, e algunhas das luminarias xa instaladas comezaron a funcionar”, explicou Rubén Arroxo. As luminarias que entraron xa en funcionamento son as ubicadas na contorna da Fonte dos Ranchos.

A actuación licitouse por 268.934€ e un prazo de execución de 3 meses. Mudaranse máis de 60 luminarias, o que permitirá unha redución de ata o 50% do consumo eléctrico con respecto ao actual, cumprindo igualmente con todas as indicacións do regulamento de eficiencia enerxética para alumeado exterior. Rubén Arroxo lembrou que “no último ano e medio realizamos un investimento de 2.450.000€ adicado á renovación do alumeado público da cidade, substituíndo elementos contaminantes utilizados nas instalacións antigas, como luminarias de vapor de mercurio, por luminarias LED de baixo consumo enerxético”.

Arroxo avanzou que “xa iniciado o procedemento de contratación da renovación das luminarias do Grupo da Paz e de varias rúas do barrio da Residencia”. As empresas poderán presentar ofertas para realizar estas actuacións ata o 6 e o 4 de maio, respectivamente.  “En todas as actuacións que realizamos temos en conta a perspectiva de xénero para incrementar e mellorar a visibilidade e a seguridade das rúas”, explicou Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo