Entrega de Premios dos Certames Culturais “O Nadal en Begonte”

Mañán, sábado, ás 17,00 h., no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, clausurarase a XLIII edición de O NADAL EN BEGONTE, coa entrega dos premios dos certames culturais: CERTAME NACIONAL DE POESÍA, CERTAME DE XORNALISMO, CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” e certame de DEBUXO INFANTIL.

No acto de clausura van actuar os alumnos da Asociación Músico Escolas municipais de música de Begonte e Rábade: LYDIA PAREDES, DANIEL RÁBADE e XOEMA EIRAS.

Presidirán esta clausura o alcalde de Begonte, José Ulla e o Secretario Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia, Valentín García.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com