" />

Entrega virtual dos premios do Belén de Begonte

O Centro Cultural José Dominguez Guizán realizou, o pasado luns, a entrega virtual de premiosdos Certames de Xornalismo, Poesía e Arte  que cada ano organiza a entidade impulsora do Belén Electrónico.

Desde Santiago participou Valentín García Gómez, Pregoeiro da XLIX edición de O Nadal en Begonte (Primeiro Pregoeiro Virtual) e Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; desde Begonte o Alcalde, José Ulla Rocha, e o Presidente do Centro Cultural, Jesús Domínguez Guizán; desde Madrid, o Presidente de Honra do Belén, José Luis Hernangómez Sastre, e desde Lugo o coordinador dos certames, Xulio Xiz.

Os premiados nos diversos certames (algúns non puideron intervir por dificultades de conexión) recibirán nos seus domicilios as habituais estatuíñas de Sargadelos, séndolles aboados nas súas contas bancarias os importes económicos.

Todos os participantes congratuláronse do excepcional resultado virtual da edición do presente ano, expresando o desexo de que a próxima edición, a 50ª do Belén Electrónico, poida xa celebrarse de xeito presencial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo