" />

Entregadas na cidade máis de 51.400 unidades de protección individual

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza leva entregadas á cidade de Lugo máis de 51.400 unidades de protección individual nos diferentes envíos que se veñen de efectuar desde a plataforma loxística despois do inicio do estado de alarma.
Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, hoxe mesmo realizouse o quinto reparto á cidade que incluíu 3500 luvas, 1400 mascarillas e 58 traxes buzo, 30 pantallas de protección facial e 50 batas Inditex, isto é, máis de 5000 novas unidades.
Balseiro destacou o esforzo que se está a realizar o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade –de xeito preferente- dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo