" />

O entroido de Burela repartirá 3.810 euros en premios

O Entroido burelés repartirá un total de 3.810 euros en premios, unha cifra que se incrementa de xeito considerable respecto á do ano pasado. Como novidade establécense dúas novas categorías: charangas e comparsas. A gañadora de cada modalidade recibirá 500 euros como premio e as segundas 250 euros. A carroza gañadora tamén obterá un premio de 500 euros e o grupo de adultos que resulte gañador 300 euros.

Así o explicou o concelleiro de Cultura, José Díaz, quen manifestou que “temos xa unhas liñas de traballo elaboradas desde o  Concello do que sería a nosa planificación para este Entroido 2018 onde quixemos facer un par de cambios, sempre baseándonos en experiencias de anos anteriores”.

Díaz anunciou ademáis dúas novidades importantes. A primeira no aumento da contía dos premios, que suma 1.510 euros con respecto ao ano pasado quedando nun total de 3.810 euros. “Para que este aumentonon repercutira nos orzamentos do Concello o que fixemos foi buscar o apoio no comercio local para que, quen quixera, puidese entregar algún premio, ser cada comercio o que entregase os diferentes premios nas distintas categorías”.

O edil burelés quixo “agradecer persoalmente ao comercio de Burela en xeral a súa implicación en todas as cosas para as que se pide colaboración. Tanto dende o Concello como dende as asociacións que organizan cousas sempre a experiencia nosa é que hai una colaboración enorme, case do cen por cen”.

O concelleiro de Cultura explicou que “engadimos dúas categorías que non existían ata agora no entroido de Burela e que creo que poden atraer a máis xente, sobre todo de fronte ao desfile para que haxa máis participación e sexa máis vistoso. É evidente que canta máis xente participe máis bonito é ese desfile e tamén o ambiente para o pobo, ademais da evidente repercusión no económico e no social”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo