" />

EQUO Galicia apoia a candidatura de Lugonovo e Garzón a de ACE

A mesa de EQUO Galicia ven de confirmar o seu apoio á candidatura Lugonovo. Tal e como se vén facendo co resto de candidaturas municipalistas de unión cidadá, EQUO Galicia avalou esta decisión de confluír tamén na candidatura da cidade de Lugo.

Aínda que non desde o principio, EQUO leva un tempo participando en Lugo Novo aportando o traballo dos seus simpatizantes de Lugo e elaborando contidos para o programa medioambiental de Lugonovo.

Segundo a formación, Lugonovo, sendo unha candidatura de unión, pode ser un bo instrumento para o desafío de conseguir un cambio no concello de Lugo.

Por outra banda Alternativa Cidadá de Esquerdas recibiu hoxe o apoio de Alberto Garzón, candidato de Izquierda Unida á presidencia do Goberno de España e diputado de Izquierda Plural no Congreso, a través dun vídeo no que declara que “chegou a hora de Lugo, envío mi apoyo máximo a la candidatura de Alternativa Cidadá de Esquerdas, porque es un tiempo de izquierdas, es un tiempo para cambiar esta sociedad y revertir los procesos de recorte de la derecha económica y política, y es un tiempo de devolver las instituciones al pueblo”.

ACE proxectará este vídeo de Alberto Garzón xunto con outros vídeos de apoio de persoalidades da política e da cultura, no acto de peche de campaña que celebrará mañá xunto ao parque infantil de Campo Castelo a partir das 20:00h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo