A escola Municipal de Música e o Concello de Lugo presentan o ciclo Lugo Ten Música que promove a asociación de usuarios desta escola

A Escola Municipal de Música e o Concello de Lugo colaboran para achegar á cidade o ciclo musical Lugo Ten Música, promovido pola AUESMU, a Asociación de Usuarios da Escola de Música.

A programación, que se presentou hoxe componse de catro concertos na cidade e un último que pechará o mes de abril, que terá lugar en Rábade. Na presentación estuveron presentes Carlos Méndez, director da Escola Municipal de Música, Manuel Núñez, edil de educación no Concello, Xosé Manuel Brea, presidente da AUESMU  e Ayla Armesto, tesoureira da asociación.

Ayla Armesto quixo destacar de esta programación, que nos concertos tamén se incluirán ensaios e clases abertas ao público, para que se vexa qué se fai na escola e quen o desexe poida apuntarse.

Todos os concertos serán na praza da soidade de Lugo agás o ensaio aberto da banda infantil que terá lugar o luns 24 na Praza Maior ás 6 da tarde. O concerto en Rábade, que porá o broche de ouro a este ciclo o día 30, será na Praza de España a non ser que chova que se trasladará ao Centro Sociocultural.

Pola súa parte, o Concello explicou que “con este ciclo de concertos trátase de levar actividades á rúa co obxecto de entrar en contacto coa cidadanía, polo que durante o mes de abril haberá cinco actuacións musicais deste ciclo Lugo ten música, que continuará ata o comezo do verán”.

José Manuel Brea agradeceu “o apoio do Concello con este proxecto, que está organizado conxuntamente pola Escola Municipal de Música e a asociación de usuarios desta escola”. As actividades continuarán durante os vindeiros meses e nelas participarán as agrupacións formadas por alumnado da Escola Municipal de Música.

Finalmente, Carlos Méndez subliñou que “se trata tamén dunha acción formativa para o alumnado, que permite que as distintas agrupacións da escola saían á rúa e sexan coñecidas pola cidadanía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com